TRABALLO EN EQUIPO
Un xogo de escapismo é un exemplo de como a intelixencia colectiva triunfa sobre a individual. Este xogo está deseñado para que practicamente sexa inaccesible para un xogador individual, dá o mesmo o listo que
sexa. Aquí, cantos máis pensen mellor. Pero non só iso. Tamén inflúe o xeito no que o grupo ten que pensar: sempre de forma colectiva.
OS RETOS E ENIGMAS
MATEMÁTICOS
Non podería ser doutro xeito nun xogo no que colabora o Departamento de Matemáticas.
Conseguiredes pasar fases e coñecer pistas se traballades en equipo para solucionar certos problemiñas matemáticos que vos temos peparados axeitados ao voso nivel educativo.
OBXECTOS
Poñede o inxenio ao 100% e abride ben os ollos.
Os obxectos que atoparedes do noso xogo de escapismo son moi importantes. De seguro que todos eles teñen relación co misterio e/ou de como chegar ao seu esclarecemento; poden agochar algún segredo ou formar parte dunha proba; poden servir para escribir ou descifrar mensaxes, números e un largo etcétera.
OLLO: Ningún obxecto do xogo está para “despistar” sen ter ningunha función.
MISTERIO
Se sodes quen de traballar en equipo e solucionar os enigmas, acabaredes coñecendo o que realmente aconteceu no Edificio O Castro, O colexio Fogar dos chamados "Coreanos" e desvelando, así, o misterio de Aurelio e Joana.
Vos atrevedes?